NORMAS XERAIS (LIGA)
1.- Estes xogos desenrólanse por
sistema de liga a dúas voltas.
2.- Os encontros celebraranse os
domingos, segundo o Calendario Oficial do Torneo.
3.- Comezarase ás 10:45 horas
cunha marxe de espera ¼ de hora.
4.- Pasadas as 11:00 horas, o
equipo que non compareza, perderá os dous puntos da Clasificación Xeral así
como os correspondentes a cada modalidade. Se os que non comparecen son
xogadores de modalidades específicas, perderán os puntos correspondentes as
mesmas.
5.- As partidas poderán ser
adiantadas previo acordo das Sociedades a disputalas. Calquera cambio no día ou
na hora a cambiar deberá ser comunicado con antelación á Sociedade Organizadora
pola Sociedade que demande o cambio.
6.- Soamente se poderá aprazar
unha partida por motivos-xustificados debendo ser aceptados pola sociedade
afectada, (contrincante) e a organizadora.
7.- As sociedades que comuniquen
a non participación en algunha modalidade ó comezo da liga, non poderán
participar en dita modalidade na presente temporada.
8.- A Clasificación Xeral Final
establecerase por puntos alcanzados, calculándose o coeficiente de puntos a
favor e puntos en contra en caso de empate. Se aínda así segue o empate,
xogarase unha partida de desempate na data que a Organización destine con este
fin.
9.- Todas as Sociedades
participantes delegan na Sociedade
Organizadora para que medie en calquera problema que se presente en relación
cos xogos.
10.- Todo equipo no seu conxunto
e os membros de ese equipo individualmente deberán comprometerse a aceptar as
normas e o calendario destes Xogos.
REGRAS
BÁSICAS
DAS
DIFERENTES MODALIDADES (LIGA)
AXEDREZ
1.- Dous xogadores por Sociedade.
2.- Cada participante nesta modalidades xogará unha
única partida.
3.- Concederase un punto por partida ganada e medio
punto por cada partida que remate en tablas. (Por tabolciro).
4.- 0 emparellamento sortearase.
5.- Os xogadores de casa xogarán con brancas.
6.- O tempo de duración será de 45 minutos por
xogador.
7.- Gañará aquel ó que non se lle caía unha bandeira,
se é que antes non se produce un XAQUE-MATE, ou ben non se produce unha
situación de tablas legais.
DAMAS
1.- Dous xogadores por Sociedade.
2.- Cada participante xogará o mellor de tres
partidas.
3.- Concederase un punto a aqueles xogadores que
consigan o mellor resultado na suma das tres partidas e medio punto se o
cómputo de ditas tres partidas empatan. (Por taboleiro).
4.- Os emparellamentos sortearanse.
5.- Os xogadores de casa xogan con brancas.
6.- Cada xogador disporá de vinte minutos por partida.
7.- Xogarase nas casullas brancas.
8.- A asociación visitante deberá levar dous
reloxos.
9.- O uso do reloxo (arase obrigatorio cando así o
desexe un dos participantes desta modalidade.
NOTA: Debido ás diferentes formas de entender o
xogo das damas segarase usando o regulamento utilizado nestes Xogos.
PARCHÍS
l.- Dous xogadores por Sociedade.
2.- Colores alternos.
3.- O primeiro cinco saca dúas fichas.
4.- Un xogador poderá comerlle o seu compañeiro se
o estima oportuno.
5.- Contaranse 20 casullas por comer.
6.- Contaranse 10 casullas para entrar en casa.
7.- Tres 6 seguidos envían a última ficha movida o
punto de partida, excepto se a ficha chegou as casullas coloreadas que hai
antes da meta.
8.- Non existe rebote.
9.- Dúas fichas do mesmo color na mesma casulla son
barreira sempre.
10.- Cun 6 e obrigatorio abrir barreira.
11.- Cun 5 e obrigatorio saír.
12.- Non se poderán comunicar xogadas entre
xogadores.
13.- Os puntos por xogador repartiranse do seguinte
modo: 1° clasificado: 3 puntos, 2° clasificado 2 puntos, 3° clasificado 1 punto
e 4° clasificado 0 puntos.
14.- Os puntos por equipo repartiranse do seguinte
modo: 2 puntos por partida gañada, 1 punto por partida empatada e 0 puntos por
partida perdida.
MUS
l.- Dous xogadores por Sociedade.
2.- Xogaranse dúas partidas a tres xogos cada unha
e cada xogo a 8 amarracos (40 pedras).
3.- Concederase un punto por partida gañada.
4.- Será ilegal calquera seña non contemplada no regulamento
utilizado nestes Xogos.
NOTA: toda norma ou regra propia de cada xogo que
non estea recollida aquí, suponse coñecida polos representantes de cada
modalidade.
BRISCA
1.- Tres xogadores por Sociedade.
2.- Xogaranse dúas partidas a 8 xogos cada unha.
3.- Concederase un punto por partida ganada.
4.- Non se poderán descubrir as cartas do medio.
TUTE
1.- Dous xogadores por Sociedade.
2.- Xogaranse dúas partidas a 10 xogos cada unha.
3.- Concederase un punto por partida ganada.
4.- Poderase cantar na baza do compañeiro.
5.- Deberanse cantar as corenta antes que as vinte.
6.- Unha vez virada a baza xa non se poderá cantar.
7.- Pasado dos 100 tantos, o equipo que gañe
anotarase 2 xogos.
8.- Un renuncio pedido será sancionado anotándose o
equipo non infractor 2 xogos.
9.- Un renuncio en falso será sancionado anotándose
2 xogos o equipo o que lle piten o renuncio.
DOMINÓ
1.- Dous xogadores por Sociedade.
2.- Xogaranse dúas partidas de 30 tantos cada unha.
3.- Concederase un punto por partida gañada.
4.- Un pase en falso será sancionado anotándose o
equipo non infractor 7 tantos.
ESCOBA
1.- Dous xogadores por Sociedade.
2.-Xogaranse dúas partidas a 31 tantos cada unha.
3.- Concederase un punto por partida gañada.
4.- Poderase dar sinal do VELO.